Salceda poderán dispor de conexión directa á nova rede de cable R

Cerca de 2.500 fogares e empresas de Salceda poderán dispor de conexión directa á nova rede de cable da empresa R

O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e o Xerente de Desenvolvemento da empresa R, Juan Antonio Barbero, reuníronse para pechar os detalles do acordo polo cal se extenderá a nova infraestrutura de fibra óptica no Concello de Salceda e que lles vai a dar a oportunidade de recibir os servizos do operador galego a máis de 2.500 fogares e empresas da localidade.
Así, Salceda entrará no grupo de ciudades e municipios galegos que dispoñen de conexión directa coa rede de telecomunicacións da última xeración que R está despregando na comunidade autónoma para que tódolos galegos poidan recibir servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital interactiva e telefonía móbil R.
Nos vindeiros días outorgarase a correspondente licencia municipal ao proxecto presentado da rede de4.235 mde canalización troncal soterrada, que vai a permitir por en marcha o proxecto de R en Salceda, situando a 4000 persoas ao máis alto nivel de dotación en infraestruturas tecnolóxicas, facilitando tódolos servizos da Sociedade de Información. O proxecto conta cun investimento inicial de 173.735 euros e un prazo de execución de 6 meses, polo que estará rematado en 2012.
O Concello e R puxeron en marcha un grupo de traballo para levar a cabo a execución do proxecto, que contempla a instalación da rede de cable na totalidade das rúas da vila.
O Xerente de Desenvolvemento da empresa R, Juan Antonio Barbero, sinalou que “a posta en marcha do proxecto de R en Salceda se apoiou na plena disposición e colaboración no Concello de Salceda. Grazas á nova e potente rede de fibra óptica que R vai a instalar, rúa a rúa, os veciños de Salceda poderán realizar chamadas gratuítas entre clientes de R, e de internet de alta velocidade por fibra óptica. Ademais o novo servizo de de televisión dixital interactiva con calidade de imaxe e son dixitais por fibra óptica, emitirá mais de cen canais”.
O alcalde de Salceda manifestou que “é importante que os veciños e empresas da vila poidan contar cun servizo de telecomunicacións de última xeración e que ademais sexa satisfeito por unha empresa galega comprometida co país”.