Cea solidaria en Salvaterra polos damnificados no terremoto en Siria e Turquía

A recadación íntegra foi para a ONG IAE Rescue

Salvaterra de Miño | O venres 28 de abril tivo lugar una cea benéfica co obxectivo de recadar fondos para os damnificados no terremoto de Siria e Turquía.

Organizada polas empresas de Salvaterra de Miño, Pixeralia Comunicación Visual, Restaurante A Miña Lareira, Restaurante La Ojiva, Abril Publicidad, Restaurante A Cantinera, Pinturas Fernando Míguez, Casa Mariano e Panadería-Cafeteria A Broa máis de 200 persoas se xuntaron en Adega La Val, para recadar cartos en beneficio dos máis necesitados.

A recadación íntegra foi para a ONG IAE Rescue, que realiza tarefas de intervención en derrubes e busca de persoas desaparecidas e en axuda humanitaria, post-emerxencia e reconstrución nos espazos devastados por catástrofes naturais a nivel internacional.

Grazas á colaboración das empresas organizadoras e dos asistentes á cea, esta ONG de rescate puido enviar 4 contedores- vivenda e outros equipamentos.