Catorce Concellos integran o xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”

Programa rutas e experiencias turísticas vencelladas á natureza e ao patrimonio

Ourense | O xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”, xestionado polo Inorde, acordou na reunión de seguimento programar rutas e experiencias turísticas, para o segundo semestre do ano, conectadas coa natureza e o patrimonio, nas que o territorio terá un lugar prioritario.

Así o decidiron na reunión de seguimento que tivo lugar no auditorio de Outomuro en Cartelle, onde se determinaron as accións a desenvolver ao longo deste ano de xeito coordinado entre os 14 concellos que integran este xeodestino.

Ademais de aprobar a liquidación da anualidade 2025 do ente, na reunión afondaron nesas actividades que permitirán reforzar a proxección e o posicionamento deste xeodestino a través de accións de comunicación dixital en colaboración con prescriptores de turismo que contribúan a dar visibilidade aos territorios que integran “Terras de Celanova-Serra do Xurés”.

A comisión de seguimento creada polos concellos e o Inorde, que suscribe un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para promover o destino, continuará tamén incentivando a aposta pola calidade e a sustentabilidade a través do SICTED que, actualmente, conta con 28 servizos turísticos públicos e privados. Os municipios que integran este xeodestino son: Cartelle, A Merca, Gomesende, Ramirás, Padrenda, Quintela de Leirado, Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños e A Bola.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.