• Segue conectado
  • |

Escocia segue a votar nacionalista.

Moitos comentarios xurdidos en Londres e Madrid afirman o fracaso case catastrófico dos nacionalistas escoceses do Scottish National Party (SNP) nas eleccións británicas últimas. O Reino Unido elixe en circunscricións uninominais (o que gañe por un voto leva o escano) 650 deputados, dos que Escocia achega 59. Nas eleccións do 2015 o SNP obtivo 56 […]

O referéndum catalán é constitucional.

A Comisión de Venecia, organismo do Consello de Europa que asesora nos procesos constitucionais ao devandito organismo supraestatal e aos seus Estados membros, respostou ao pedimento de mediación do president Puigdemont verbo do eventual referéndum catalán que só podería actuar no marco constitucional español. É dicir, que só será recoñecido polo Consello de Europa aquel […]

Loitarmos contra o yihadismo.

Outravolta ficamos conmovidos diante da última expresión do odio yihadista: o recente atentado de Manchester, co seu elevado tributo de vidas humanas. Unha vez máis os terroristas elixen matar durante manifestacións colectivas de lecer público, tan propias da maneira de vivir na nosa Europa. Os asasinos non só queren facer todo o dano que poidan, […]

No país dos cegos.

Con máis do 90 % dos votos escrutados, Pedro Sánchez obtén unha grande maioría (49,8 % fronte ao 40,2 de Susana Díaz e o 10% de Patxi López) que despexa case todas as dúbidas a respecto da clara hexemonía que adquire no partido. Porque, agás en Andalucía e Aragón (aquí por moi pouco) gañou en […]

A necesidade do referéndum catalán.

A primeiros deste 2017 o xornal “La Vanguardia”, de liña editorial non independentista, publicaba unha enquisa que reflectía que o 76,6% dos cataláns querían decidir en referéndum a respecto da súa independencia ou continuidade no Estado, mentres as opcións a prol sobardaban en moi pouco ás negativas. Estes dados serían impensábeis hai once anos, cando […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies