Catamaráns Rio Sil transportou máis de 32.000 viaxeiros na tempada 2026

A embarcación consolida o seu atractivo turístico na Ribeira Sacra

Lugo | O Catamarán Rio Sil pecha a tempada turística 2026 cun balance moi positivo, despois de transportar a máis de 32.000 viaxeiros durante este ano. Unha cifra que confirma o crecente interese por descubrirla Ribeira Sacra desde unha perspectiva diferente: navegando polas augas do río Sil e desfrutando dunha das paisaxes máis espectaculares de Galicia.

Este resultado supón un importante respaldo ao traballo realizado e reflicte o atractivo dunha proposta turística que combina travesía fluvial, xantar en Rte aCantina, wine circuíto en tren Turístico e visita a Adegas Cruceiro. A empresa afronta o futuro con ilusión e co obxectivo de seguir mellorando a súa oferta, apostando por un turismo de calidade e sostible que contribúa ao desenvolvemento económico e turístico da Ribeira Sacra. A empresa valora adquirir outro catamarán.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.