Carlos Santos, Lalín vístese de entropía

Exposición do pintor colombiano

Lalín | Todos aqueles que poidan achegarse ao Auditorio Lalinense, sorprenderanse e deleitaranse coa obra do pintor colombiano afincado en Lalín, Carlos Santos, baixo o título de Entropía en Europa. O autor deixa voar o imaxinación nunha viaxe dos sentidos e da cor.

O paso do tempo e a entropía medra ata alcanzar o punto de máxima entropía do universo, o equilibrio da arte. A modo tanto de cuestión filosófica como de cuestión pictórica este concepto recae inevitablemente no paradoxo da orixe do universo, secadra de Europa.

Conceptos co artista fai seus arrastrando nesa deriva emocional aos sorprendidos visitantes, que admiran nun inmenso mosaico de ideas de 10 x 3 metros, unha creación sorprendente que aviva os sentidos e pon a pel de galiña, pola beleza inmensa que desprende.

Se o tempo levase pasando infinitamente a entropía do universo non tería sentido, sendo ésta un concepto finito crecente no tempo e o tempo un concepto infinito e eterno. Eternidade das Artes deste colombiano que mama de diversas fontes, nunha simbiose perfecta coas xentes do Deza cos seus sentimentos que enriquece o seu ollar de artista namorado da vida e dun xeito diferente de entender a vida. Un percorrido polos artistas europeos que admira, obras de arte recreadas, representadas e admiradas¡¡