• Segue conectado
  • |

Campamentos Deportivos de Verán 2012

Salceda de Caselas |Dende o Concello quérese fomentar a participación en campamentos de verán, dentro das modalidades de campamentos existentes, quérese tamén salientar os campamentos de índole deportivo como son os que está a promover a Deputación de Pontevedra a través do “Campamento Polideportivo Príncipe Felipe”.
O campamento vai a realizarse na Cidade Infantil Príncipe Felipe (Pontevedra), e acollería a rapaces e rapazas nacidos no periodo comprendido entre o ano 1998 e 2005.
Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Salceda colleranse tódalas solicitudes que deberán ser presentadas dende o 12 de marzo ata o 14 de abril, ademais de informar acerca de diferentes cuestións que plantexen os veciños e veciñas, no teléfono 986 34 05 43, e-mail: omix@salcedadecaselas.es no seu horario de atención ao público de 9:00 a 15:00 polas mañás e de 16:00 a 20:00 pola tarde (Biblioteca Municipal).
A concelleira de Xuventude, Loli Castiñeiras, anima a que os nenos e nenas acudan a estas actividades, onde ademáis de fomentar contacto co medio ambiente e establecer vinculos sociais, foméntase o exercicio e as capacidades físicas dos participantes.
 

Publicado o 23 Mar 2012 en Louriña, Política, Salceda de Caselas, Xuventude.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies