Campamentos Deportivos de Verán 2012

Salceda de Caselas | Dende o Concello, quérese fomentar a participación en campamentos de verán, dentro das modalidades de campamentos existentes, quérese tamén salientar os campamentos de índole deportivo como son os que está a promover a Deputación de Pontevedra a través do “Campamento Polideportivo Príncipe Felipe”.
O campamento vai a realizarse na Cidade Infantil Príncipe Felipe (Pontevedra), e acollerá a rapaces e rapazas nacidos no periodo comprendido entre o ano 1998 e 2005.
Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Salceda colleranse tódalas solicitudes que deberán ser presentadas dende o 12 de marzo ata o 14 de abril, ademais de informar acerca de diferentes cuestións que plantexen os veciños e veciñas, no teléfono 986 34 05 43, e-mail: omix@salcedadecaselas.es no seu horario de atención ao público de 9:00 a 15:00 polas mañás e de 16:00 a 20:00 pola tarde (Biblioteca Municipal).
A concelleira de Xuventude, Loli Castiñeiras, anima a que os nenos e nenas acudan a estas actividades, onde ademáis de fomentar contacto co medio ambiente e establecer vinculos sociais, foméntase o exercicio e as capacidades físicas dos participantes