“Calis” repite como candidato de AporM

“Quentando motores” para as municipais 2027

Mondariz | A Asemblea de Alternativa por Mondariz (AporM) elixiu por unanimidade a Xoán Carlos Montes Bugarín “Calis” como candidato á alcaldía para as eleccións municipais de maio de 2027.

Entre as súas propostas, “Calis” defenderá a sanidade pública, vivenda protexida a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia1, a rehabilitación do parque inmobiliario, pagamento da débeda e colaboración con Mondariz Balneario, programación cultural conxunta, servizos compartidos e xestión do Punto Limpo e un “novo rumbo político e institucional” para construír acordos sólidos coas distintas administración.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.