BNG A Guarda insta ao Alcalde retomar a retransmisión dos plenos municipais

O último pleno retransmitido foi o extraordinario do 17 de xuño de 2023

A Guarda/BNG | O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, insta ao alcalde da Guarda a que volva a retransmitir os plenos, como se viña facendo durante estes anos.

O último pleno que se retransmitiu , foi o extraordinario do 17 de xuño de 2023, no que tomou posesión o novo goberno municipal. A partir dese día, o Partido Popular de Carrero e Fariñas, optaron polo apagón informativo, impedindo que á veciñanza da Guarda coñeza de primeira man as decisións que toman os seus representantes.

“A transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política. A supresión das retransmisións denota escurantismo e falta de transparencia” comentou Anxo Baz. “A veciñanza da Guarda ten dereito a estar informada do que sucede no concello, das propostas que se fan tanto dende o equipo de goberno como desde os grupos da oposición.

A sociedade merece coñecer como se toman as decisións que lle afectan, ou como se manexan os fondos públicos” argumentou Anxo Baz para acabar concluíndo: “ Dende o BNG esixímoslle ao equipo de goberno que recapacite, que retome a vía democrática e volvan retransmitir os plenos”.