BNG A Guarda apoiará a modificación do crédito para servizos sociais

Así o anunciou o seu voceiro Anxo Baz

A Guarda/BNG | O BNG apoiará a modificación de crédito que vai permitir que o Concello da Guarda poda abordar a compra dun novo camión do lixo por un valor de 99.525€ así como o acondicionamento da sala da planta baixa do Centro Cultural para Biblioteca por un valor de 85.000€ ou dispor de 1.260.000€ para a reforma integral do Pavillón da Sangriña.

Os nacionalistas agardan que do crédito do que vai dispoñer o Concello para poder facer frente a reforma integral do Pavillón da Sangriña só se gaste o 50% e que o 50% restante o financie a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galiza como están facendo noutros Concellos do país.

O portavoz municipal do BNG declarou “ Os 5 votos do BNG van garantir que esta modificación de crédito saia adiante. Consideramos que a Biblioteca hai moito tempo que precisa unha reforma, o camión do lixo é urxente renovalo e a reforma integral do Pavillón da Sangriña é un proxecto de calado para o futuro do deporte guardés”.

Baz rematou concluíndo “o BNG sempre está en disposición de tirar por aqueles proxectos que benefician ao pobo da Guarda”.