Basta xa! O Monte da Guarda é dos seus veciños!

Comunicado da Plataforma Veciñal de Afectados pola Comunidade de Montes da Guarda

A Guarda | Os 40 veciños da Guarda que compomos a Plataforma Veciñal de Afectados pola Comunidade de Montes da Guarda, dirixímonos a todas as institucións, entidades, asociacións e colectivos, e a todos os veciños que as compoñen, para denunciar publicamente a gravísima situación na que se encontra o noso monte.

Nos últimos tres anos case 40 veciños solicitamos a nosa entrada na Comunidade da Guarda. A día de hoxe, despois de varias solicitudes e de interpoñer dúas demandas, aínda non conseguimos obter ningunha resposta por parte da Xunta Rectora, dirixida polo seu presidente Manuel Castro Vicente “Lolo” e o seu secretario Celso Juan Rodríguez Fariñas “Fariñas”.

Durante estes 3 anos sufrimos e fomos testemuñas de toda clase de irregularidades, irregularidades non propias dunha Comunidade de Montes que se diga democrática e transparente, chegando a parecer máis ben un coto privado que unha Comunidade de Montes. É por isto que nos preguntamos que é o que se está a agochar? Por que non podemos ser comuneiros? Por que nos impiden xestionar o noso monte?

Este sábado, 16 de xaneiro, está convocada unha Asemblea Xeral Extraordinaria para elixir a nova Xunta Rectora. Que a parte de ser ilexítima e inxusta, xa que van faltar case 40 veciños, aos que se nos denegou a entrada nestes anos, tamén esta convocada fora dos prazos estipulados polos propios estatutos da Comunidade de Montes, polo que tamén é ilegal.

Ante esta impotencia, de inxustizas acumuladas, queremos solicitar:

– Por un lado, a máxima colaboración por parte de todas as institucións pertinentes. Cortando calquera relación de inmediato con esta Comunidade. En especial ao Concello da Guarda, que ven colaborando con este Comunidade nos últimos anos.

– E por outro, a involucración do resto de veciños da Guarda nesta luita, a través de exercer o seu xusto dereito de ser comuneiros.

O monte é de todos!
Basta xa!