Asociación de Alfombristas do Corpus Christi obtén a cesión dos terreos da rotonda de Canedo

Outorgado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

Ponteareas | Trala solicitude realizada por parte da Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana o pasado 29 de xaneiro, hoxe día 17 de febreiro recibimos a autorización solicitada para a realización de plantacións de hortensias.

Esta Cesión de Uso de terreo para as plantacións de hortensias será realizada por membros da Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas e por usuario/ as da Asociación AVELAIÑA, que axuda ás persoas con problemas de saúde mental.    Estas plantacións permitirán ter un viveiro no mesmo centro de Ponteareas ao alcance de todos os alfombristas.

Son pois dous os obxectivos que se conseguen, por unha banda, foméntase o uso de flores autóctonas e facer distinguibles as alfombras de Ponteareas dentro dunha actividade sostible e doutra banda foméntanse actividades deseñadas especialmente para que poidan participar persoas con limitacións de mobilidade, de comunicación ou entendemento.

Desde a Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas queremos dar as grazas á Ministra Transportes, Movilidad e Axenda Urbana Dª.Raquel Sánchez Jiménez  por atender con prontitude a nosa demanda.