Asfaltado nas parroquias de Oleiros e Arantei en Salvaterra do Miño

Cun orzamento total de 60.151,85€ e un mes de prazo de execución

Salvaterra do Miño | Esta semana arrancaban as obras de pavimentación de dous camiños nos Barrios de Costa, na Parroquia de Oleiros, e na Parroquia de Arantei, sendo este último limítrofe coa Parroquia de Entenza, situada no Concello de Salceda de Caselas.

As obras incluídas neste proxecto consisten na mellora da pavimentación de dous camiños municipais, un deles no Barrio de Costa , na Parroquia de Oleiros e o outro de que conecta a Parroquia de Arantei ata o límite do Concello coa Parroquia de Entenza, de Salceda de Caselas, atopándose toda a obra dentro do termo municipal. Camiños que se encontraban pavimentados con aglomerado, pero nun estado avanzado de deterioro, polo que se plantexa unha renovación completa da capa de rodadura.

Para a pavimentación definitiva estenderase e compactarase unha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70, co fin de mellorar o servicio que ofrecen ditos viais,  unha superficie total de preto de 5.000m2

O prazo de execución desta obra será dun mes e ten un presuposto total de 60.151,85€, que o Concello de Salvaterra de Miño levará a cabo a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.