As tradicionais “danzas brancas” volveron a lucir en Prado da Canda (O Covelo)

Na honra da Virxe María do Rosario

O Covelo | A parroquia de Prado da Canda, en Covelo, celebrou as súas festas na honra da Virxe María do Rosario agasallando á veciñanza música, bailes tradicionais e distintos actos litúrxicos e lúdicos.

As tradicionais danzas brancas volveron atraer a ducias de visitantes que non quixeron perder a ocasión única de coñecer o folclore popular que, cada ano, recupera a veciñanza de Prado da Canda.

A organización das festas agradeceu a colaboración do Concello de Covelo e da Deputación de Pontevedra e informou que o sábado 7 de outubro ás 12:30 horas haberá misa solemne e o sábado 28 de outubro a peregrinación do Rosario irá dende A Lamosa ata a Franqueira.