As termas públicas de Ourense están anegadas pola enchente do río Miño

A Chavasqueira e Muíño da Veiga están afectadas pola auga fluvial

Ourense | As termas públicas e gratuítas da Chavasqueira e do Muíño da Veiga funcionan de xeito intermitente no día de hoxe como consecuencia da enchente do leito do río Miño.

O aumento de caudal fixo que as termas da Chavasqueira quedasen anegadas e que as do Muíño non poidesen estar operativas temporalmente ao non desaugar.

En consecuencia, as termas funcionan no día de hoxe intermitentemente, sucedéndose etapas nas que están inutilizables. Arestora tanto A Chavasqueira como Muíño volven estar anegadas_e outras nas que si poden ser usadas. Porén, o Concello traballa para que as termas se poidan utilizar sempre que sexa posible.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome criticou esta mañá “a mala idea de quen decidiu situar as termas alí, xa que a súa proximidade ao río fai que estean inoperativas durante varios meses ao longo do ano, ademais de incrementar de xeito considerable os custos de mantemento das instalacións”.