As socialistas de Salceda analizan os seus primeiros 100 días na alcaldía

Balance da xestión da alcaldesa socialista Verónica Tourón
A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón (centro) acompañada de membros do seu equipo de goberno municipal.

Salceda de Caselas/PSdeG | O pasado 15 de xuño, Verónica Tourón accedía á alcaldía de Salceda de Caselas, converténdose na primeira alcaldesa socialista da nosa localidade, despois do acordo alcanzado nas pasadas eleccións municipais.

“A chegada á alcaldía de Verónica Tourón, foi froito do traballo realizado nos últimos anos, por Grupo Municipal Socialista na defensa da veciñanza ‘e nesa liña continuaremos gobernando”

A executiva socialista fai un repaso deste feito pasados os 100 primeiros días. A chegada á alcaldía de Verónica Tourón, foi froito do traballo realizado nos últimos anos, por Grupo Municipal Socialista na defensa da veciñanza ”e nesa liña continuaremos gobernando”. A infancia e a mocidade é fundamental na liña de traballo, por ese motivo existe por primeira vez una concellería de infancia e céntrase o traballo na busca de máis facilidades para as e os estudantes, así como na promoción de actividades de lecer e apoio ás familias.

O crecemento da poboación infantil e moza fixeron que as instalacións non sexan suficientes tampouco no eido deportivo, para paliar esta deficiencia, ademáis de inversión búscanse convenios con outras entidades e concellos. O rural e o medio ambiente e outro dos eixos de actuación para mellorar a calidade de vida da veciñanza. A recollida selectiva de residuos e mantemento das zonas rurais foi un dos primeiros focos de atención, así como a mellora do rural e o saneamento, na medida das posibilidades orzamentarias.

No que se refire o emprego, a nosa alcaldesa aposta pola formación como mellor xeito de mellora da empregabilidade e aumentar asi as oportunidades das persoas desempregadas, o Obradoiro de Emprego Sustentable ou o próximo Plan de Formación Municipal así como a mellora das instalacións do CDL son exemplos claros que definen as prioridades. A aposta polo comercio e hostelería é outra das vías elixidas pola alcaldesa para a dinamización da vila e a creación de emprego.

Nos últimos días presentouse a marca comercial e as axudas directas ás pemes, comercio e hostelería. A voz da veciñanza, conseguir que o goberno municipal sexa a caixa de resonancia das necesidades forma parte tamén da planificación da nova alcaldía e a primeira xuntanza de organización do Consello Veciñal xa tivo lugar fai uns días.

En infraestruturas as liñas están claras: continuamos centrándonos no aproveitamento dos recursos existentes a través do Plan de posta en valor das edificacións municipais como os proxectos de rehabilitación do Centro Social A Devesa, piscinas municipais e recuperación de aulas ou casas do mestre nas parroquias, podendo poner así en marcha novos servizos.
Así como a mellora de estradas e camiños municipais no rural e neste sentido xa mantivo xuntanzas tamén con otras administracións para a procura de financiación e de mellora doutros viais. Un dos puntos máis importantes é o Plan Xeral, para mellorar a calidade de vida (infraestructuras, servizos públicos, etc.).

As socialistas son conscientes da imposibilidade de aprobar un PXOM nunha soa lexislatura pero están a centrarse na planificación dos traballos de actualización da planimetría e cartografía e ir avanzando na súa posta en marcha. Esta será a oportunidade para ter una vil amáis moderna, sostible e amable coas persoas.

Salceda de Caselas, 30 de setembro de 2021.