As Neves multará aos propietarios que non limpen as súas fincas

O Goberno local enviou preto de 800 comunicacións a donos dos terreos

As Neves | O Concello das Neves iniciou o procedemento para multar aos propietarios das fincas que non procederon a retirar a maleza e o arborado prohibido, aumentando así o risco de incendios forestais.

O Goberno local aplicará a Lei de Prevención e Defensa de incendios forestais de Galicia que establece que os donos de todos os teñen a obriga de mantelos en condicións de salubridade, seguridade e limpeza co fin de previr e evitar incendios, tendo que respectar unha distancia de seguridade de 50 metros  libre de maleza, piñeiros, eucaliptos e as especies que regula a normativa.

En base a esta norma, dende o Concello enviáronse preto de 800 notificacións a outros tantos propietarios dándolles un prazo de 15 días para facer a limpeza das súas terras, advertindo de que de non facelo se iniciaría o procedemento sancionador reiterado ata que cumprisen con este obriga. As multas por non retirar a maleza e manter limpas as fincas

En varias ocasións ao longo de todo o ano, por distintos medios, dende reunións a cartas, pasando por publicacións no portal web do Concello e nas redes socias municipais, o Goberno local fixo reiterados chamamentos á responsabilidade dos propietarios e insistiu na necesidade de desbrozar fincas terreos e leiras para evitar, todo o que sexa posible, que no caso de declarase un lume este se propague facilitando, ao mesmo tempo, o traballo dos servizos contra incendios.

Ante a falla de resposta de moitos deles, comunicouselles a  aos propietarios de máis de 1.000 fincas que tiñan que rozalas antes do 31 de maio, tramitáronse as correspondentes denuncias e agora empezará a multarse polo incumplimento desta obriga.

Dacordo coa Lei, as cantidades por infrancións leves son de 100 a 1.000€; no caso de infranccións graves, de 1.001 a 100.000€ e as multas coercitivas, por incumplimentos reiterados, repetiranse cada mes sendo a contías de cada multa o 20% da sanción total fixada para a infracción cometida. Isto supón que se a multa inicial é de 2.000€, o mes seguinte e os sucesivos será de 400 ata que se retire a maleza e se limpen as fincas.

Se seguise sen realizar a limpeza, realizarase a liquidación provisional do que vai custar a execución forzosa dos traballos de limpeza- sen prexuízo da liquidación definitiva-. Neste sentido, a lei sinala que se o custo da limpeza da parcela supera o seu valor catastral, será posible proceder á expropiación da mesma.

‘Faixas de protección’
A estas todas estas reclamacións realizadas dende o Concello, súmanse as medidas que tomou o Goberno local para esixir que se actúe nas ‘faixas de protección’ contra o lume en chan rústico, urbanizable e de núcleo rural. As mesmas, delimitan os devanditos 50 metros libres de matogueira, pino e eucalipto arredor de vivendas e núcleos de poboación.

A normativa establece que casos de que non sexa posible identificar aos donos ou estes se neguen a limpar, o Concello procederá á execución forzosa dos traballos e a Xunta de Galicia iniciará o procedemento sancionador.

Como lembra o alcalde, corresponde á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA),  vixiar o cumprimento das ‘faixas de protección’ arredor das vías de comunicación, algo que ten unha importancia fundamental para evitar a propagación dos incendios e que os lumes impidan a circulación por estrada.