As Neves conmemora o centenario do falecemento da Marquesa do Pazo de Mercé

Unha das personaxes máis influintes da súa historia

As Neves | Este 22 de abril, cómprense 100 anos do falecemento de Purificación Fontán e Pérez-Palma, coñecida como a Marquesa do Pazo da Mercé, unha das personaxes máis influintes na historia da educación da vida das Neves.

Coincidindo con esta data, o Concello leva a cabo a cesión dos cadros da Marquesa que se atopaban nas dependencias municipais, e que pasarán a estar nos centros de ensino promovidos por ela: a actual EFA A Cancela e o IES Pazo da Mercé.

“Coincidindo con esta data, o Concello leva a cabo a cesión dos cadros da Marquesa que se atopaban nas dependencias municipais, e que pasarán a estar nos centros de ensino promovidos por ela: a actual EFA A Cancela e o IES Pazo da Mercé”

Ademais, para conmemorar este fito, arredor da data do centenario levaranse a cabo un programa de actividades que involucran o Concello e os centros de educación impulsados por Purificación Fontán: este luns, 19 de abril tiveron lugar unhas sesións de formación sobre a Marquesa a alumnado do IES Pazo da Mercé e da EFA A Cancela a cargo de . Imparte Manuel Álvarez Rodríguez, veciño de Rubiós, e un dos máis importantes estudiosos da cultura, os costumes e a historia das Neves.

O mércores, día 21 de abril, as alumnas e alumnos do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé visitan o IES Pazo da Mercé e á EFA A Cancela. O xoves, día 22: Xornada de portas abertas da EFA A Cancela de 9:30 h a 11:00 h e de 16:00 h a 18:00 h.

Xa o sábado,día 24, ás 12:00 h, será o acto institucional de cesión dos cadros da Marquesa, propiedade do Concello, ao IES Pazó da Mercé e a EFA A Cancela. Será retransmitido en directo a través das redes sociais do Concello das Neves. De seguido inaugúrase a Exposición de fotografías e documentación; a continuación a conferencia de Ignacio Pérez-Blanco, autor do libro “El palacio de Elduayen”e pecharase o acto cunha actuación musical.

Ao mesmo tempo, ao longo de todos estos días anteriores á celebración do aniversario, nas redes sociais municipais está en marcha un ‘xogo’ de preguntas e respostas, interactivo, para achegar ás veciñas e veciños a personalidade e traxectoria vital de Purificación Fontán e a súa pegada na vida e na historia das Neves.