Arrancou o curso de “Galegas Dixitais” no Porriño

Participan 20 mulleres porriñesas

O Porriño | Deu comezo este 3 de outubro o curso Galegas Dixitais no que participan 20 mulleres do Porriño. Unha oportunidade única para adquirir coñecementos e competencias dixitais útiles para o seu día a día, mellorar a empregabilidade e emprendemento.

O programa, ao que se uniu o Concello do Porriño, está organizado por Beproject e Ara Formación e financiado polos Fondos Europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

A actividade é totalmente gratuíta e agrúpase nos seguintes bloques:

Competencias dixitais básicas con 40 horas de duración
Competencias dixitais avanzadas con 40 horas de duración
Competencias dixitais para o emprendemento con 40 horas de duración.