Arbo mellora a conexión viaria entre a Igrexa de Santa María e a Capela de San Pedro

Cun investimento de 202.988,56 €

Arbo | O Concello de Arbo continúa programando actuacións no marco do Plan Municipal de Mellora de Camiños Municipais co obxectivo de completar e garantir o bo estado e conservación da rede de infraestruturas viarias das parroquias non urbanas.

O próximo proxecto a realizar será o ensanche e mellora do Vial da Igrexa Santa Maria de Arbo a Capela de San Pedro , unha obra que ten un custe de 202.988,56 € euros e que permitirá facilitar o tránsito e o acceso aos nucleos de poboación da Granxa en Arbo.

A Xunta de Goberno Local na súa sesión extraordinaria celebrada o día 25 de xaneiro de 2022, aprobaba o proxecto denominado “Ensanche e mellora do vial da Igrexa de Santa María de Arbo á Capela de San Pedro” , redactado en decembro de 2021 e cuio coste de redacción ascendeu a 6.823,14 €.-

A actuación promovida polo Concello permitirá mellorar as condicións de tránsito dos vehículos e tamén a seguridade viaria. Na actualidade este camiño secundario presenta o firme nun estado moi deteriorado que dificultan a circulación.

O proxecto consistira en traballos previos e escavacións, roce do terreo, demolición dos pavimentos existentes e realización do movemento de terras, muros de contención cando sexan necesarios. Realizarase a recollida das augas pluviais dispoñendo unha cuneta e tubaxes para a rede de saneamento.

Tamén se contempla a mellora da rede de iluminación pública e canalización da rede eléctrica e de de telecomunicacións e posterior pavimentación.