Arbo adxudica as obras de mellora do parque de Barcela e a colocación de mobiliario urbano

O Importe da obra 19.354,96€.- e foron licitadas a través da plataforma de Contratación do Estado.

Arbo | O Concello de Arbo, detectou a necesidade de mobiliario urbano para mellora do servizo o cidada e a calidade do mesmo, asi como unha nova balaustrada no Punto de Atención a Infancia (PAI) para a mellora da seguridade e das prestacións aos usuarios do parque infantil e colocación de xardineiras para ubicar no Casco Urbano para delimitar as zonas peatonais.

Este concello ten a necesidade de dotar de mobiliario urbano no Casco urbano e unha balaustrada no parque infantil no Punto de Atención a Infancia

Ante esta necesidade de contratar o proxecto “Subministro de Material para colocar en distintos puntos do Concello en Parque PAI Barcela e zonas Públicas Casco Urbano”, o Concello de Arbo solicitou subvención que foi concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos – Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2020, dentro da Liña 1 – Subministración.

A zona obxecto da memoria ubicase no Casco Urbano de Arbo e no lugar de Coruxa – Barcela, pertencente ao concello de Arbo, provincia de Pontevedra.

Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo mellorar o servizo o cidada e a calidade do mesmo e mellorar a seguridade no parque infantil e buscase manter a imaxen e a conservación do patrimonio municipal e dotar de servizo adecuados as intalacións existentes, no caso do Parque Infantil dotase de balaustrada polo perigo que supon para os nenos e nenas que fan uso do citado parque – informa o alcalde de Arbo Horacio Gil, que remata “a seguridade dos veciños e veciñas de Arbo, é a prioridade deste goberno dende a súa chegada ao Concello de Arbo”.