Arbo adhírese ao convenio da Xunta para dar axudas á hostalería local

O Concello aportará 1.000 euros por cada establecemento solicitante

Arbo | O Concello de Arbo ven de adherirse ao convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para incrementar as axudas ao sector da hostalería previstas no Plan de Rescate da administración autonómica. Este convenio supón que o Concello complementará con fondos procedentes das arcas municipais as achegas autonómicas concedidas con outros 1.000 euros máis por cada local hostaleiro solicitante das subvencións lanzadas pola Xunta.

A adhesión a este plan de rescate da Xunta permitirá axilizar e simplificar a tramitación destas subvencións ademais de incrementar a contía da axuda recoñecida, de tal xeito que si o empresario solicita a subvención autonómica e lla conceden, automaticamente se lle outorgará tamén a achega municipal que abonará cos cartos do Concello a propia Xunta.