Arbo abre concurso fotográfico sobre a Festa da Lamprea

Baixo o título “Arbo, en Ti Mirada – LXIV Festa da Lamprea"

Arbo | O Concello de Arbo convoca unha nova edición do concurso de fotografía, co lema “Arbo, en Ti Mirada – LXIV Festa da Lamprea”, para dar a coñecer os recursos turísticos que este municipio pode ofrecer, así como a Festa da Lamprea, declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2023, que este ano esta prevista para os días 26, 27 e 28 de abril de 2024.

Poderán participar neste certame fotográfico todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos axústense ás bases do mesmo e sexan orixinais.

“Somos un municipio que ten o seu encanto e o seu potencial durante todos os meses do ano, por iso, queremos que aqueles fotógrafos que queiran participar móstrennolo a través dos seus obxectivos” sinalou Horacio Gil Alcalde de Arbo.

Os que desexen participar no certame, deberán enviar as fotografías ao correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com e ten de prazo ata o 4 de marzo. As imaxes participantes deberán incorporar unha identificación do seu autor (nome e apelidos ou un sobrenome) e deberán ter unha referencia ao lugar de Arbo en que foi realizada. É opcional o engadir calquera información ou comentario que se desexe.

As imaxes deberán ser necesariamente orixinais, inéditas non sendo presentadas e/o premiadas noutros certames ou concursos, poderán ser en cor ou branco e negro.e cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografas

O alcalde, comentou que “neste concurso teñen cabida todas aquelas imaxes tomadas no termo municipal de Arbo” e termina animando aos turistas para admirar a paisaxe, as augas do río, espazos naturais únicos, o abrazo de dous países irmáns unidos polas augas do Miño. “Arbo é o corazón dunha proposta turística chea de sabor e historia, patrimonio e un remanso de tranquilidade para toda a familia”.

O primeiro e segundo premio sería un paquete turístico dunha fin de semana en Arbo para dúas persoas, con visitas e deporte de aventura. O terceiro, cuarto e quinto premio serían lotes de viño ou licores das adegas de Arbo.

Para máis información poden consultar as bases en https://festadalamprea.gal/evento/iv-certame-fotografico-arbo-na-tua-mirada-lxiv-festa-da-lamprea/.