Ana Miranda urxe a solucionar os problemas co voto exterior para garantir os dereitos democráticos todo o electorado

O BNG denuncia as irregularidades na recepción da documentación e das papeletas
Plenary session – Hatred and physical violence against democratically elected mandate holders

Ourense | A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, insta a solucionar de forma urxente os problemas de recepción de papeletas por parte dos electores para garantir o dereito a voto de todo o electorado. Miranda recolle así as queixas manifestadas por cidadáns residentes no exterior, como EUA, Suíza, Bélxica e Arxentina, aos que aínda non lles chegaron as papeletas de voto.

“É inadmisible que elección tras elección os votantes que residen no exterior teñan problemas para exercer o seu dereito de votar”, manifestou a portavoz do Bloque en Europa, quen sinala ademais que os consulados non aceptan a documentación de abril, en función dunha directriz acordada pola xunta electoral.

Neste sentido, explica que segundo lle están trasladando cidadáns de diferentes lugares do mundo, os consulados non están axudando a desbloquear as cartas dos correos, que na súa maioría están xa nos países correspondentes, pero aínda sen entregar. “Desde o BNG reclamamos que se corrixan estas irregularidades, que van contra o denominado Estatuto dos Cidadáns no Exterior, co obxectivo de garantir o dereito ao voto de toda a cidadanía”, subliñou.