Alumnos de Ponteareas e Bruxelas coñeceron a vila termal de Mondariz Balneario

No marco dun proxecto Erasmus do CPR Plurilingüe A Inmaculada de Ponteareas

Mondariz Balneario | Os alumnos do CPR Plurilingüe A Inmaculada de Ponteareas visitaron a Vila Termal do Balneario de Mondariz e gozaron do Palacio da auga nun ano no que o establecemento termal cumpre 150 anos.

Unha actividade na que estiveron acompañados por compañeiros dun colexio de Bruxelas cos que están desenvolto un proxecto Erasmus.

Un traballo escolar que se baseou en varios obxectivos de Desenvolvimiento Sostible, entre eles a defensa da natureza e contornas naturais e a importancia das augas.

Outro dos piares foi a oportunidade de viaxar e descubrir lugares para todos e a idea de achegamento ás novas tecnoloxías, así como aos idiomas e intercambio de coñecementos.