Alumnado do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires de visita en Ourense

O escritor Luís González Tosar é o guía pola provincia

Ourense | Unha delegación do alumnado do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires, concretamente á 16ª promoción deste centro educativo está a realizar a súa tradicional viaxe de estudos a Galicia, como actividade previa a conclusión dos seus estudos secundarios.

Luís Menor Pérez deulles a benvida a “nosa provincia eminentemente emigrante” e agradeceu o traballo que realiza este centro e o seu alumnado “no mantemento e difusión da nosa identidade e cultura na Arxentina”.

O presidente provincial desexoulles unha boa estadía na nosa provincia, na que estarán acompañados polo escritor e director da Fundación Blanco-Amor e presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar.

Cabe salientar que este centro de ensino privado promovido en 1989 pola Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires, inclúe no seu programa de estudos, primarios e secundarios, as materias de Língua e Literatura galegas.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.