Alumnado do CRA A Lagoa visitou a nova Biblioteca Municipal de Salvaterra

Con motivo do Día do Libro

Salvaterra de Miño | Con motivo da celebración do Día do Libro o CRA A Lagoa organizou a semana pasada unha actividade dinamizadora da lectura, cunha saída a nova Biblioteca Municipal, co fin de que os máis cativos coñeceran as instalacións e toda a maxia que alí se concentra, sobre todo no espazo específico que este edificio ten para os máis pequenos.

Nesta saída participaron preto de 100 nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do Cra, que desfrutaron das explicacións da bibliotecaria, que de primeira man lles ensinou as instalación e o funcionamentos das mesmas,  ademais de facerlle os carnets de lectura ao 77% dos pequerrechos, xa que o resto xa o tiña, co fin de motivalos e que volvan cos seus país e nais para seguir desfrutando da lectura e de todo o que lles ofrece este novo edificio.