Alternativa por Mondariz (AporM) presentou a súa lista electoral para o 28M

Con paridade de xénero; 3 mulleres e 3 homes liderados polo candidato Xoán C. Montes Bugarín

Mondariz/Alternativa por Mondariz | Este sábado 1º de abril, Alternativa por Mondariz (AporM) presentou a totalidade da súa lista electoral para os comicios municipais do vindeiro 28 de maio que terá como prioridade devolver a Mondariz o pulso perdido.

Esta lista compóñena 3 mulleres e 3 homes, un grupo cunha media de idade de 37 anos que teñen como obxectivo a recuperación da actividade e o dinamismo do concello
Nun acto no que AporM estivo arroupado polos veciños, presentado pola escritora Isabel Blanco e onde interviron os 4 primeiros candidatos. Tamén presentaron o candidato para a Entidade Local Menor de Vilasobrosoque Jesús Vázquez, ex concelleiro do partido e a súa suplente Catalina Landesa.

Xoán C. Montes Bugarín vén de presentar o primeiro tramo da candidatura coa que aspira a recuperar a alcaldía de Mondariz. Calis foi alcalde deste concello entre 2015-2019 e forma parte da Corporación Municipal desde hai 16 anos. Calis ten 47 anos e traballa no sector da automoción de Vigo desde 2001. Desde hai moito tempo está vinculado a diferentes asociacións de Mondariz (deportivas, culturais, veciñais…), coas que colabora de forma habitual. Ademais de presidir a corporación e coordinar o grupo de goberno, encargarase do departamento de Vías e Obras.

Presenta o seis primeiros dunha lista de 21 prácticamente cerrada:
2. Helena Naveira Amoedo
Helena naceu en Gargamala hai 31 anos e, na actualidade, é veciña de Meirol. Estudou o ciclo superior de Administración e Finanzas e tamén Animación Sociocultural. Con experiencia nos concellos de Mondariz e de Salvaterra. É concelleira de AporM desde 2019 e será a responsable das áreas de Cultura, Formación e Educación.

3. Mónica Vázquez Gómez
Mónica é natural e veciña de Toutón e ten 26 anos. Na actualidade é vogal da Traída de Augas da súa parroquia. Estudou dobre grao de Administración de Empresas e Dereito na Universidade de Vigo e traballa nunha empresa privada desa mesma cidade. Como concelleira farase cargo das áreas de Turismo, Economía e Facenda.

4. María José Álvarez Rodríguez
María José é veciña de Vilar e ten 46 anos. Estudou Formación Profesional na especialidade de Administrativo e Comercial e, desde o ano 2001, é funcionaria do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Asumirá a responsabilidade dos departamentos de Servizos Sociais e Sanidade.

5. Florentino Menéndez González
Tino estudou FPII nas especialidades de electricidade e delineación e traballa como técnico nunha empresa do sector da automoción. Ten 45 anos, é vogal da Entidade Local Menor de Vilasobroso desde 2019 e concelleiro na Corporación Municipal de Mondariz desde 2021. Será o responsable das áreas municipais de Medio Ambiente e Medio Rural.

6. Anxo Pregal Amil
Nado en Meirol, ten 29 anos. Estudiou o ciclo superior de Ensinanza e Administración Deportiva e dous informáticos, un de superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e outro medio de Sistemas Microinformáticos e Redes. Ten experiencia laboral como monitor en diversos deportes e tempo libre e tamén no sector informático. Será o responsable das concellerías de Deporte e Novas Tecnoloxías.

“Como alcalde recuperarei o trato directo cos veciños, procurando a solución áxil e eficaz dos problemas de todos por igual, como fixen durante o mandato que presidín. Encabezo un equipo de mulleres e homes con formación e experiencia ao servizo da xente e en beneficio do concello de Mondariz, ao que quero antes que a ningunha sigla política”, manifestou o candidato á alcaldía.