Aldearmos Xurés convida a coñecer o rural galego

Este 7 de xaneiro en Lobios

Lobios | O 7 xaneiro, Aldearmos Xurés programará toda unha xornada dedicada ás familias para que coñezan máis e mellor o rural galego.

Unha proposta de nadal ecoloxista en torno ao tradición oral. Un Festival de Narradores que contará entre outros con Anxo Moure, Uxía Morán e a docente do campus de Ourense, Susa Herrera e que se realizará na localidade de Grou en Lobios.

A programación completarase con unha andaina na contorna do Parque Natural do Xurés.

Aldearmos é unha iniciativa da Rede Aldear que conta co apoio económico e técnico do Campus de Ourense e co financiamento da AGADIC a través dos fondos Territorio Cultura que fan parte dos Fondos NextGeneration.