Alcaldesa do Porriño recibiu á ministra de Sanidade nas instalacións do Grupo Zendal

Para coñecer de primeira man o proceso de elaboración de vacinas contra a Covid

O Porriño | Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, acudiu ás instalacións do Grupo Zendal no municipio para recibir e acompañar a Carolina Darías, ministra de Sanidade, para coñecer de primeira man o proceso de elaboración de vacinas contra a Covid.

Nas instalacións de “Biofabri”, unha das plantas do Grupo Zendal, en alianza coa compañía farmacéutica americana “Novavax”.

Así mesmo, as instalacións de “Biofabri” en Porriño están a traballar no desenvolvemento doutra vacina, exclusivamente española, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

A ministra mantivo unha xuntaza de traballo cos responsables do Grupo Zendal e realizou unha visita ás instalacións. Estivo acompañada pola alcaldesa do Porriño e tamén por María Jesús Lamas, directora da Axencia Española do Medicamento e Javier Losada, delegado do Goberno central para Galicia.

No pasado mes de novembro foi o ex-ministro de Sanidade, Salvador Illa, quen visitou as instalacións do Grupo Zendal no Porriño, tamén en compañía da alcaldesa, momento que se corresponde coa imaxe adxunta.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!