Alcaldesa de Salvaterra avanzou en investimentos prioritarios coa Conselleira de Infraestruturas

Destacan a senda peonil, seguridade viaria e saneamento

Salvaterra de Miño | A Alcaldesa de Salvaterra de Miño Marta Valcárcel e a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez veñen de manter unha reunión para avanzar en inversións prioritarias para o Concello.

Desta maneira, e despois de obter a finais de novembro de 2021 a autorización de Confederación Hidrográfica Miño Sil, que foi solicitada no ano 2019, a Alcaldesa ultima os trámites coa Conselleira para a tramitación ambiental da Depuradora do Mendo e avanzar na licitación das obras da mesma e do saneamento da parroquia de Oleiros, dous proxectos que van da man, por un importe de preto de 2.500.000€.

En primavera empezarán os trámites para a adxudicación da construción dunha senda peonil na estrada PO-402 por máis de 1.300.000€. con esta obra preténdese unir as sendas existentes entre a parroquia de Oleiros e Fiolledo, dándolle continuidade ata a parroquia de Corzáns, así como aumentar a senda existente na parroquia de Leirado, co fin de facilitar o desprazamento andando dos veciños de ditas parroquias dunha forma segura, unha obra que se enmarca dentro das liñas de actuación do Concello conforme ao seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible que se estende as parroquias do municipio.

Ademais dende a Consellería empezarán coa redacción dun proxecto de mellora da seguridade na estrada de Rúa Miño, tramo de conexión coa Ponte Internacional.

Outros artigos