Alcalde de Ribadumia denuncia delito electoral por “inxuria”

O rexedor en funcións e candidato polo PP criticou a utilización de "publicidade electoral manipulada"

Ribadumia | O Alcalde e funcións e candidato de Ribadumia á Alcaldía polo Partido Popular, David Castro, ven de presentar no día de onte, unha denuncia ante a Garda civil, por posible delito electoral de inxuria con publicidade feita en campaña electoral e con motivo e ocasión dela, segundo constata unha nota de prensa enviada polo PP Ribadumia.

Continúa a nota informando que “na madrugada do martes, baixo as sombras da noite e a través de terceiros contratados para a ocasión, identificouse a varias persoas realizando unha pegada de carteis claramente manipulados, a través dunha montaxe fotográfica, na que se tentou desacreditar a David Castro. En ditos carteis, non se tivo ademais escrúpulos en vincular a unha cidadá de Ribadumia completamente allea á contenda electoral, a cal se veu victimizada a través dunha montaxe fotográfica que lle supón un desprestixio persoal e familiar. Estos feitos, sen dúbida sobrepasan todos os límites de tolerancia posibles.”

David Castro considera que, o escenario político marcado polas eleccións municipais, debería estar amparado polo respecto, de xeito que os partidos políticos traballen nas suas candidaturas conforme Lei que regula as eleccións municipais.

Denuncia que tanto o seu equipo como el, veñen sufrindo ataques, inxurias, calumnias, agresións verbais e agresións escritas amparados en redes sociais e perfís falsos. Considera que ata o momento, foron moi tolerantes e mantiveron unha actitude de calma, para evitar promover un escenario de crispación, que outras forzas políticas se esforzan en manter. Confirma que seguirán traballando co respecto, proximidade, entendemento e cordialidade, porque Ribadumia e vos seus veciños, non merecen verse envoltos nun escenario de ataques e confrontamento.”