Alcalde David Castro responde a Somos Ribadumia pola xestión da Festa do Tinto

Cualificou de "delirantes" as acusacións realizadas polo seu voceiro Enrique Oubiña

Ribadumia | No Concello de Ribadumia, tanto o equipo de goberno, como os traballadores/as e voluntarios/as que colaboran na organización e execución da Programación da Festa do Tinto, recibiron con estupor as declaracións de Somos Ribadumia – Enrique Oubiña sobre a Festa do Tinto.

É totalmente “delirante” afirmar que o alcalde “mandou a Garda Civil aos locais de Barrantes para que pecharan”….. ¿En que mundo paralelo vive o Sr. Oubiña para pensar que o Alcalde dun Concello pode ordenarlle ás forzas da orde a onde ir ou non ir, a que hora pechar, ou que incumpran a lei?????.

Pola contra, o que si fixo o Concello de Ribadumia foi colaborar cos establecementos hostaleiros e comercios que o solicitaron, para así lograr unhas festas completas e tranquilas para todo o mundo. Alónxanse, polo tanto, as declaracións de Somos Ribadumia da realidade vivida durante o Tinto. O peor de todo é que Enrique Oubiña sabe perfectamente que o que afirma é mentira e só trata de difamar, na súa extratexia de “criticar todo o que se move”.

Tamén, diante das criticas totalmente inxustas de Somos Ribadumia, temos que defender o enorme traballo realizado polos traballadores/as municipais para contribuír ao bo resultado da Festa, e en especial a dos empregados/as do servizo de limpeza que a pesares dos miles de persoas que pasaron por Barrantes dende o xoves ata o domingo, traballaron todos os días dende primeira hora da mañá para recoller o lixo e limpar as rúas.

A mesma defensa e respecto merece o traballo realizado tanto polo Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribadumia, como polas forzas da orde, na regulación do tráfico, sinalización dos estacionamentos alternativos, así como na colaboración na vixiancia e seguridade nas diferentes actuacións musicais e actividades realizadas durante os 4 días.

O resultado de todo este traballo coordinado polo equipo de goberno e a organización da festa, foi que a pesares dos miles de visitantes e centos de vehículos que todos os días acudiron a Barrantes, non houbo incidentes de especial relevancia. O Concello de Ribadumia habilitou varios estacionamentos disuasorios gratuítos en colaboración con varios veciños, aos que lles hai que agradecer que cederan as parcelas, e tamén sinalizou os desvíos alternativos para evitar o núcleo urbán. Aínda así e debido a enorme afluencia houbo algún atasco puntual, pero nada reseñable.

Para o equipo de goberno, Enrique Oubiña na súa obsesión por sacarlle punta a calqueira cousa que faga o Alcalde, adícase a crítica demagóxica e perdeu a oportunidade poñer en valor os/as numerosos/as visitantes que recibiu Ribadumia durante as festas do Tinto, así como o excepcional comportamento de todos os/as veciños/as de Barrantes e tamén dos establecementos hostaleiros e comerciais, cuestión que pola contra si queremos resaltar desde o Concello de Ribadumia.

Punto Violeta
Na súa crítica a “todo o que se move” Enrique Oubiña chega a pretender culpabilizar ao equipo de goberno ata dun presunto altercado de violencia de xénero ocorrido nos arredores da festa, e incluso pon en cuestión o Punto Violeta e a labor realizada polas traballadoras do mesmo durante os días da Festa.

É lamentable que un Concelleiro que foi responsable da área de muller, agora queira poñer en cuestión a utilidade e traballo que fan nestes puntos informativos e de atención a posibles situacións de violencia. Dende o Concello de Ribadumia non podemos facer outra cousa que apoiar o labor do Punto Violeta e rexeitar que se queira aproveitar un episodio aillado, para cuestionar o traballo das profesionais que o atenderon durante todos os días da festa.

En Ribadumia xa estamos acostumados ás saídas de ton e demagóxicas de Somos Ribadumia, e podemos aturar moitas cousas, pero o que non podemos permitir que se desprece todo o traballo realizado polos/as colaboradores/as e traballadores/as do Concello para lograr levar adiante a que foi unha existosa 49º Edición da Festa do Viño Tinto do Salnés. Como xa dixemos en múltiples ocasións: Os veciños e veciñas de Ribadumia non merecen esta oposición.