Agustín González Rodríguez toma posesión como concelleiro do BNG en Tomiño

Con 28 anos, será o edil mais novo da Corporación Municipal

Tomiño | Durante a sesión plenaria de carácter ordinaria celebrada onte no Concello de Tomiño, tomou posesión do seu escano o novo concelleiro do Grupo Municipal do BNG, Agustín González Rodríguez.

O novo edil, de 28 anos e veciño de Forcadela, vén ocupar o lugar do edil Ismael Troncoso, que dimitiu da súa praza o pasado mes de maio.

Agustín González Rodríguez é a persoa máis nova do grupo nacionalista (e da corporación), formado por 11 concelleiros/as dos/das 17 que integran a corporación municipal.

“Esta é a primeira vez que se desenvolverá en política e ocupaba o 13º lugar na lista das últimas eleccións municipais”

Esta é a primeira vez que se desenvolverá en política e ocupaba o 13º lugar na lista das últimas eleccións municipais. Se ben aínda non está definida a área da que se ocupará dentro do equipo de goberno (sen dedicación parcial nin exclusiva), o novo edil afirma ter moita ilusión e estar desexoso de comezar a traballar por Tomiño.

Aínda que non se imaxinaba entrando a formar parte da corporación local de Tomiño, asegura ter desfrutado do seu primeiro pleno como concelleiro, do que salienta o ambiente de diálogo e respecto reinante no hemiciclo.

Cun Ciclo Medio de FP en Electrónica, traballa nunha fábrica da zona e preside o Tomiño FC Feminino dende hai 9 anos, ademais de colaborar adestrando a nenos e nenas de fútbol base. Anos antes xogou ao fútbol no Tomiño FC e tamén no Tebra FC e traballou varios anos no sector da hostalaría.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!