AEMOS inaugura oficina de dixitalización

Dará servizo a 120 PEMES pontevedresas

Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asistiu hoxe á Xornada Inaugural da Oficina Acelera Peme – OAP Rural de AEMOS, que ten como OBXECTIVO construír unha rede de apoio ás PEMES da provincia de Pontevedra interesadas en dixitalizar o seu negocio, durante o seu proceso de dixitalización. A Asociación de Empresarios de Mos dará cobertura á 120 empresas da provincia neste procedemento.

A rexedora local mosense estivo acompañada durante a xornada inaugural da oficina polo Presidente AEMOS, D. Manuel Castro Álvarez, membros da Xunta Directiva de AEMOS, o Xerente AEMOS, D. Francisco Domínguez, o Presidente ASETRANSPO, D. Ramón Alonso, a Presidenta APROEMA, Dª Arancha Mañas, o Presidente APE Galicia, D. José Caldas, e o Secretario FEGAPE, D. David Sobral.

AEMOS figura entre as entidades seleccionadas por parte de RED.ES para continuar co proceso de creación da Rede de Oficinas Acelera Peme por todo o territorio nacional.

A Oficina Acelera Peme Rural AEMOS busca converterse nun espazo físico e virtual no que se realizan labores de sensibilización e apoio ás empresas españolas (incluídas as de nova creación): especialmente ás pequenas e medianas empresas, autónomos e emprendedores, sobre as vantaxes e metodoloxías innovadoras para optimizar o funcionamento dos seus negocios, mediante a incorporación das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) nos seus procesos, de modo que se favoreza a demanda de tecnoloxías innovadoras que contribúan á mellora da súa produtividade.

Por todo elo Arévalo agradeceu enormemente o gran labor realizado pola Asociación de Empresarios mosense: “grazas AEMOS por apostar pola xeración, difusión e posta en valor de contidos asociados á adopción de tecnoloxías e procesos; polas actuacións de sensibilización e apoio ás pemes sobre metodoloxías e tecnoloxías innovadoras favorecendo a súa incorporación nos seus procesos produtivos e de xestión; e as actuacións de asesoramento e soporte nas áreas principais de transformación dixital co ánimo de que o maior número de pemes coñeza o seu servizo. Aposta decidida grazas á que Mos revélase como peza clave neste proceso de dixitalización. Por iso, de novo, grazas AEMOS”, dixo na súa intervención de clausura do acto.

Durante a xornada celebrada hoxe no Viveiro de Empresas de AEMOS no Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña informouse tamén de que durante este mes de Outubro e o vindeiro Novembro AEMOS levará a cabo Xornadas de Presentación e posta en marcha do servizo, en diversos puntos da provincia.