ACiP oficializou a candidatura de Juan Carlos González Carrera

Presentou o seu programa ante 400 asistentes

Ponteareas/ACiP | Alternativa Ciudadana de Ponteareas presentou a Juan Carlos G. Carrera como candidato, co obxectivo posto en lograr a alcaldía o próximo 28 de maio.

Nun evento no que o Centro Artístico Sportivo quedou pequeno, cara este feito foron as primeiras palabras do candidato, sinalando que Ponteareas “leva anos co Auditorio Reveriano Soutullo pechado, pola inoperancia e incompetencia do actual goberno”, sendo o lugar adecuado para este tipo de eventos.

O xa candidato de ACiP quixo referirse a actual xestión de BNG e PSOE, para contrapor o seu proxecto, sinalando que “son un goberno que traballa de costas a cidadanía. Non son dialogantes, evitan escoitar os veciños e prefiren executar os seus proxectos dende os despachos, sen coñecer a opinión da rúa”.

Carrera enfeitizou que “estamos ante un goberno caduco”, que nestes oito anos de coalición “non fixo outra cousa que aumentar a brecha entre o casco urbano e as parroquias, nas que fixeron por esquecerse de case o 50% da nosa poboación”, sinalando que “dende o primeiro minuto traballarei para rematar co seu abandono e dotalo dos servizos necesarios”.

Sobre os veciños das parroquias tamén engadiu que “cando veñen o centro, atópanse cunha cidade que os expulsa por ter que vir en coche”, polo que prometeu “un cambio do sentido do tráfico, evitando as exclusións”.

Para rematar, Carrera fixo saber os asistentes que “no goberno están nerviosos, saben o que din as enquisas. Con vos imos facelas realidade. Chegou o momento, a alternativa está en marcha, o cambio é posible”.