Acip denuncia o derroche económico do goberno de Ponteareas

Juan Carlos González Carreira considera unha irresponsabilidade que a incapacidade do goberno provoque situación innecesarias que conducen a un derroche económico que repercute no bolsillo dos veciños

Ponteareas/ACIP | Este mes de Marzo asistmos a un exemplo claro de malgasto económico coa celebración de tres plenos nun intervalo de dúas semanas, sendo dous extraordinarios, o que provoca un desfasamento económico innecesario. Os proxectos que había que levar a pleno podían terse presentado no pleno que corresponde ao mes de marzo; era suficiente.

É curioso que este goberno o único que sabe xestionar con eficiencia é unha queixa permanente de que o concello ten débedas e nega axudas para os vecinos e obras necesarias; todo o contrario do que defendía cando eran Oposición. Pregunta, que cambiou, logo?

 

As desavinzas entre os socios de goberno provoca unha falta de concreción nos proxectos de obras que deben solicitar á Deputación, retrasando de tal manera a documentación necesaria que nalguns casos se teñen perdido subvencións.

É máis o pasado ano perdeuse unha subvención da Deputación de preto de 100.000 euros de asfaltado de acceso ao barrio de Cillarga e os veciños seguen esperando e nas pasadas semanas outra máis de 10.000 euros da Xunta de Galicia para sinalización turística.

Esta situación é insostible ; a súa incompetencia provoca estas situacións e desde que están no goberno levan máis de 15 plenos extraordinarios e outras tantas comisións de gobernó, para resolver temas que terían cabida perfectamente nos plenos e comisións ordinarias.

Levan gastado máis de 26.000 euros, segundo os cálculos realizados polo noso grupo, Ademáis de convocar os plenos cando quere e á hora que lle interesa non poidan estar todos os concelleiros da Oposición.

Un goberno que se presento como o do Cambio, do consensó e transparencia está a facer todo o contrario buscando a maneira de poñer obstáculos para que a Oposición non teña acceso á documentación que a lei nos dá.