ACiP denuncia maltrato dun BIC na Praza de Bugallal

É o caso da base do Cruceiro da Igrexa

Ponteareas/ACiP | O pasado mércores 13 de abril, Alternativa Ciudadana de Ponteareas realizou unha denuncia ante a Policía Autonómica e outra ante o Servizo Cultural de Patrimonio da Xunta de Galica, fronte o maltrato o patrimonio que o actual goberno realizou de forma encuberta polas accións desenvoltas na esperpéntica reforma da Praza Bugallal, cunha execución da obra que dista moito do proxecto inicial.

Nesta reforma prodúcense danos a integridade do cruceiro da igrexa parroquial, que esta catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural) de primeiro grado, é dicir de categoría integral, como sinala o Art. 380 das Normas particulares do Catálogo de Protección de Bens do Patrimonio Cultural da arquitectura, da enxeñaría e dos camiños, da etnografía e da paisaxe.

Este nivel de interese integral aplicase a bens que conteñan cualidades indiscutibles e inseparables que deben protexerse na súa integridade.

No caso deste cruceiro, pode observarse que unha importante parte da súa base foi enterrada cos novos elementos incorporados na reforma da praza. Pódese observar con facilidade, que a bancada realizada ao redor do propio cruceiro é totalmente allea o seu entorno, sepultando e impedindo a súa total visualización e desfrute por parte dos veciños que transiten por esta praza.

No día de onte, como efecto a realización da denuncia interposta por esta formación, a Policía Autonómica (que é a adscrita a investigar posibles danos o Patrimonio Cultural) xa estivo nas inmediacións indagando e observando o estado actual no que quedou o cruceiro.

Procederon a levantar o pertinente atestado de investigación, para poder depurar se o dano existente remata cun expediente sancionador para o Concello de Ponteareas.

Como declara Juan Carlos González Carrera, portavoz de ACiP «Nós non imos permitir, que ademais da atrocidade da reforma da Praza Bugallal, se danen os elementos patrimoniais, xa que pertencen a todos os cidadáns, non poden ser un xoguete deste goberno».

Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas agardamos que se obrigue a BNG e PSOE a dar marcha atrás nesta aberración, deixando descuberta, como estivo ata o de agora, a totalidade da base deste emblemático cruceiro. Se o Concello é sancionado por este feito dende esta formación esixiranse responsabilidades políticas.