ACiP: “a alcaldesa debe devolver máis de 100.000€ por sancións ilegais”

Realizadas durante os estados de alarma e sendo claramente inconstitucionais

Ponteareas/ACiP | Levamos mais de un ano e medio, dende que o Tribunal Constitucional declarou nulo, e polo tanto inconstitucional, o primeiro dos estados de alarma decretados polo goberno. As poucas horas, o executivo estatal notificaba a todas as institucións a obrigatoriedade de devolver as contías de cada unha das sancións interpostas durante ese período.

Como corresponde, o Goberno de España e a Xunta de Galicia puxéronse a devolver os cartos de oficio, pero non así o Concello de Ponteareas. Somos coñecedores de que existen varios veciños afectados por estas sancións, sobre a que en reiteradas ocasións requirímoslle ao goberno municipal a súa devolución. Seguindo o esquema de actuación do imposto de plusvalía (no que cobrou máis de 90.000€ de forma ilegal), tratan de non ofrecer información o respecto.

Ante estes feitos, Alternativa Ciudadana de Ponteareas esixiu información sobre o proceso no Pleno Ordinario do mes de abril. Coa información correspondente sabemos que nos atopamos por enriba das 400 sancións (unhas 115 no 2020 e 288 no 2021), que a unha media de trescentos euros de importe por cada unha sitúan a apropiación ilegal do Concello por enriba dos 100.000€. Ante a falta de respecto aos veciños pero tamén ante a negativa a cumprir as sentenzas xudiciais por parte da alcaldesa, algo que xa ven converténdose en habitual, vémonos na obriga de presentar unha denuncia ante a Fiscalía de Vigo, co obxectivo de que faga cumprir a propia sentenza e devolva a os veciños o seus cartos incautados ilegalmente polo goberno local.

Como sinala o líder de ACiP, Juan Carlos González Carrera: “Estamos ante unha situación inaudita, na que a alcaldesa négase a devolver os cartos que pertencen a cada veciño, sospeitamos que porque xa se gastaron e as arcas municipais encóntranse baleiras”, aínda así, Carrera reivindica que “tras un ano e medio, non hai escusa que sirva ante este feito vergoñento, co cal pasamos de demandar a actuar ante a Fiscalía, para que o Concello que se restitúa a legalidade, procedendo a anulación de todos eses expedientes como decretou o Constitucional e devolvendo ata o último euro desas sancións”.