Aberto o prazo de inscrición para novos cursos de informática

Realizaranse na Aula de Novas Tecnoloxías do CDL de O Torrón

Salceda de Caselas | Novos cursos de Informática Básica (nivel inicial) e Búsqueda de Emprego por Internet serán os que acolla a Aula de Novas Tecnoloxías do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, a partires do próximo 7 de maio.
O prazo de inscrición será dende o 17 ao 30 de abril, tendo que formalizarse a mesma no Rexistro do Concello.
Os cursos van dirixidos a desempregados e deberán presentar, ademáis da folla de inscrición que lle proporcionarán no propio rexistro, fotocopia do DNI e da tarxeta de desemprego.
A concelleira de Emprego e Formación fixo entrega dos diplomas do curso “Manexo da carretilla elevadora”
Dentro da actividade diaria do CDL, fíxose entrega dos diplomas correspondentes a segunda edición do curso “Manexo de carretilla elevadora”. Nesta ocasión contou con 20 alumnos que tiveron a ocasión de realizar as clases teóricas e prácticas no mesmo centro.
Este curso estaba integrado dentro do primeiro Plan de Formación da Concellería de Emprego, que xa está poñendo en marcha o seguinte.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable deste área “estamos estudiando os perfís dos desempregados para poder ofrecer os cursos necesarios para que sexa máis fácil a búsqueda de emprego, xa que a formación, neste intre máis que nunca, ten que ir encamiñada a insercción laboral dos alumnos”