Abel Caballero: “rexeitamos o tarifazo inmenso de Milei á pesca de Vigo”

Acusou ao presidente Rueda de ser "cómplice" por "non defender" os intereses da pesca viguesa

Vigo | O Alcalde e presidente do PSdeG-PSOE vigués Abel Caballero fixou posición ante as recentes medidas económicas tomadas polo presidente arxentino Javier Milei de aumentar a taxa de exportación (DEX) de produtos do mar ao 15% e que afectan aos intereses pesqueiros galegos e, especificamente, vigueses.

A continuación reproducimos a declaración completa do rexedor vigués: “Compartimos a preocupacion da pesca de Vigo polo tarifazo inmenso que Milei en Arxentina lle acaba de poñer á pesca da cidade de Vigo. Chámanos a atención que haxa venido a Sra. Ayuso, que estén Feijóo e Rajoy que apoiaron expresamente a Milei e Rueda non defenda á pesca de Vigo reclamándolles a súa actitude por haber defendido un presidente que agora dana de forma incalculable a economía da cidade de Vigo poñéndole un tarifazo terrible á pesca de Vigo en Arxentina. Esta é a consecuencia da política de Feijóo, de Rajoy, de Ayuso apoiando a xentes de dereita extrema que agora se revolven contra a economía da cidade de Vigo. E Rueda, cómplice e calado”.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.