Abel Caballero: “esta é a mellor lista electoral para Vigo”

O alcalde e candidato socialista presentou a súa lista electoral de cara ao 28M

Vigo | O Centro Comercial Vialia foi o escenario onde este 2 de maio o alcalde de Vigo e candidato á reelección polo PSdeG-PSOE, Abel Caballero, presentou a súa lista electoral para os comicios municipais do vindeiro 28 de maio.

Na lista repiten case a totalidade dos 20 membros do actual goberno local na Corporación Municiopal coa excepción de Santos Héctor Rodríguez. Debe destacarse que o equipo de Caballero está conformado por 21 mulleres e 9 homes, apostando así por unha perspectiva política de xénero.

Caballero amosase optimista de cara ao 28M cunha lista que cualificou como “a mellor que se presentou nunca en ningún concello de España e Europa”, coa intención de seguir sendo a opción máis votada polos cidadáns, manter a “unidade” e seguir sendo un “referente do municipalismo”.