A Xunta endurece as restricións en Ponteareas ante o aumento de contaxios

Cunha incidencia acumulada de 150 casos en catorce días

Ponteareas | O comité clínico da Xunta de Galicia, vén de decidir o aumento do nivel de restricións en Ponteareas, que pasa de baixo a medio ante o aumento constante de casos positivos de COVID-19 na localidade dende a festividade da Semana Santa.

Neste martes, o número de casos activos na Vila do Tea situábase xa en 43, o que supón superar os 150 na incidencia acumulada a catorce días. Os datos poderán variar nas vindeiras horas, cando se coñezan a totalidade dos resultados das 2.500 probas PCR realizadas no cribado realizado este luns na localidade.

“O número de casos activos na Vila do Tea situábase xa en 43, o que supón superar os 150 na incidencia acumulada a catorce días”

Entre outras cuestións, este aumento de contaxios supón unha nova redución da capacidade na hostalaría, que dende as 00:00 horas deste venres deberá ser do 30 % no interior e do 50% no caso das terrazas. Cabe insistir en que a clientela poderá quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo, manténdoa ben colocada o tempo restante.

“Estamos comprobando os resultados da relaxación ante a pandemia. Non debemos esquecer que continúa entre nós, e debemos manter os niveis de prudencia e responsabilidade para evitar a súa propagación entre a veciñanza”, sinalou a alcaldesa en funcións, Cristina Fdez. Davila.

Todas as medidas de prevención específicas para o nivel de restricións no que entrará Ponteareas poden consultarse na seguinte ligazón: