A Xunta de Galicia financia agrupacións de voluntarios de Protección Civil en Ourense

Afecta a Concellos, mancomunidades e agrupacións de Concellos

Ourense | Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo, e Gumersindo Lamas, alcalde de Sarreaus, visitou a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), unha das 69 entidades beneficiarias da última resolución das axudas para apoiar nos gastos de funcionamento das AVPC de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de concellos, na que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, destinou preto de 135.000 euros na provincia de Ourense.

O delegado lembrou que a Xunta destinou 370.000 euros a esta liña, mantendo o orzamento da convocatoria do ano pasado, cando se incrementara a contía en 30.000 euros respecto a exercicios anteriores. Deste xeito, destacou que pese a tratarse dunha competencia de carácter local, o Goberno galego colabora economicamente coas AVPC nos seus gastos correntes contribuíndo o seu funcionamento.

Manuel Pardo explicou que estas axudas pódense destinar a necesidades como equipamento e vestimenta persoal de uniforme; equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; custos de actuacións levadas a cabo pola agrupación; gastos ocasionados pola conservación, mantemento e alugamento da súa base e medios de intervención, aplicacións informáticas e de comunicacións, así como os gastos de comunicación fixos e móbiles de voz e datos; o pagamento de seguros do persoal voluntario; custos de formación dos seus membros; ou equipamento de material informático e de comunicación, sempre que ambos casos se trate de elementos funxibles.

AVPC beneficiarias
As entidades beneficiarias foron as AVPC dos concellos de Allariz, Amoeiro, Avión, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Beariz, Os Blancos, A Bola, O Bolo, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, O Castro de Caldelas, Celanova, Chandrexa de Queixa, Coles, Entrimo, Esgos, Gomesende, A Gudiña, O Irixo, Larouco, Laza, Lobios, Maceda, Manzaneda, Maside, A Mezquita, Montederramo, Muíños, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, Petín, Piñor, A Pobra de Trives, Porqueira, Rairiz de Veiga, Ribadavia, O Riós, A Rúa, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Sandiás, Sarreaus, Toén, A Veiga, Verín, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo ; as agrupacións de municipios Cortegada-Padrenda e Cualedro-Monterrei; e as Mancomunidades do Ribeiro e Terra de Celanova.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.