A Xunta de Galicia destaca en Sober o auxe do cooperativismo en sectores emerxentes

Destaca as enerxías renovables, a economía circular ou a vivenda en cesión de uso

Sober | Marta Mariño, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, participou hoxe en Sober na Xornada de cooperativismo de consumo e comunidades enerxéticas, organizada por EspazoCoop no marco da Rede Eusumo impulsada pola Xunta para o fomento da economía social. Alí, puxo en valor o auxe do cooperativismo en sectores emerxentes como as enerxías renovables, a economía circular ou a vivenda en cesión de uso.

Na clausura do acto, a directora xeral salientou que Galicia supera as 2.000 cooperativas activas cun volume anual de facturación de arredor de 3.400 M€ no período de vixencia da Estratexia galega de economía horizonte 2027 e ás portas da nova Lei de cooperativas que buscará impulsar a creación de novas entidades e consolidar as xa existentes. Celebrou a oportunidade que brinda a xornada de hoxe de conectar cooperativas, asociacións, comunidades de montes, Administracións e cidadanía a través da promoción das cooperativas de consumo. Nesa liña, analizarase a situación actual e os retos e oportunidades de futuro, ademais de coñecer casos reais e aprendizaxes clave.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.