A Xunta de Galicia conta con cinco centros operativos de conservación de estradas en Ourense

Traballa 70 profesionais con camións, pick-up, retros, cuñas, follas, esparexedores de sal e estendedores de salmoira

Ourense | O Centro de Vialidade Invernal da Xunta de Galicia ubicado na Merca está a desenvolver traballos a prol da seguridade viaria dos conductores na época invernal de climatoloxía adversa.

Manuel Pardo, delegada da Xunta, supervisou coa tenente de alcalde, Josefina Carrera, estes traballos. Trasladoulle os parabéns do Goberno galego polo traballo exemplar que levan a cabo tralo operativo para coordinar as actuacións e medios materiais e humanos con fin de garantir a vialidade das estradas, tendo en conta as actuais precipitacións persistentes que están a deixar rexistros moi elevados de auga e fortes ventos. Fixo extensiva a felicitación aos traballadores das outras administracións como a estatal, a Deputación e os concellos pola boa coordinación encamiñada a garantir a seguridade viaria da cidadanía en situacións meteorolóxicas extremas.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas desprega na provincia de Ourense ao abeiro do Plan de Vialidade Invernal do Goberno galego, posto en marcha o pasado 1 de novembro e que estará operativo ata o 30 de abril, e fixo unha chamada á prudencia e á concienciación social dos condutores para que extremen as precaucións ao volante nesta época onde a climatoloxía é adversa.

O Goberno galego conta na provincia ourensá con 5 centros operativos de conservación e explotación dotados con máis de 2.000 toneladas de acopio de fundentes. Un dispositivo no que traballarán 70 profesionais que disporán de 52 máquinas, entre elas, camións, pick-up, retros, cuñas, follas, esparexedores de sal e estendedores de salmoira.

A provincia de Ourense, con 81 estradas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, é a que ten máis vías autonómicas sensibles de rexistrar incidencias por neve ou xeo. En total 1.019,90 km, dos que preto de 410 km son os máis susceptibles de sufrir fenómenos meteorolóxicos adversos pola súa altitude (máis de 600 metros).

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.