A Xunta de Galicia apoia ao comercio local en Valdeorras

Comercio Compensa fomenta as compras de proximidade

O Barco de Valdeorras | Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo, estivo no Barco de Valdeorras, onde asistiu a primeira hora a un almorzo informativo organizado polo Centro Comercial Aberto da localidade, O Barco Aberto. Alí, incidiu na importancia de colaborar con este tipo de entidades e cos negocios que os integran de cara a impulsar a innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal, con especial incidencia en comarcas rurais coma a de Valdeorras.

Precisamente a prol da sustentabilidade, Alén visitou logo o posto informativo instalado na praza do Concello do Barco no marco da campaña autonómica Comercio Compensa, que busca fomentar as compras de proximidade apelando a un consumo máis responsable, sostible e respectuoso coa contorna. Nese senso, todas as persoas que se acheguen hoxe a ese punto informativo cun tícket de compra procedente de calquera establecemento comercial do concello recibirán como obsequio unha bolsa de tea coa imaxe da campaña.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.