A Xente do Redor volveu a casa

No Liceo de Ourense presentouse o número 6 da revista cultural

Ourense | No número seis da revista cultural “Nós, a xente do redor”, a encargada de ilustrar a portada foi a pintora de Valdeorresa Lola Doporto, coa obra “Marioneta con clarinete y búho”.

O acto estivo presentado pola polifacética artista e alma mater da xente do redor Marina Sánchez, acompañada por Marila Abad profesora no Colexio Cardenal Cisneros e secretaria da Asociación Filatélica Miño e María Rosa González Méndez do Círculo Poético Ourensán.

Destaca a sentida homenaxe “in memoriam” a José Antonio Viñas Mira, o que fora creador da Asociación Folclórica Queixumes dos Pinos, con textos de Marina Sánchez, Avelino Jácome e Javier Enériz, este último lembrou a súa figura lucindo unha sudadera da asociación na súa honra todo adobiado cun retrato do xenial pintor Miguel Angel Martínez Coello

Asistiron tamén representantes das institucións colaboradoras, Sandra Quintas Vázquez, xefa do servizo de coordinación cultural, Luz Doporto, representando a Deputación de Ourense, María Paz Gómez del Valle, da Asociación Diabética Auria, Aurelio Gómez asesor de Cultura na Deputación de Ourense, Manuel Blanco Villar do Museo Casa do Patrón.

O evento foi animado pola música dos acordeóns de Juan Ruibal de, Lume na Palleira, Maxi (Maximino Miguez Salgado) e o cantante ourensán Iván Pérez Álvarez concursante de Recantos no programa Luar da Televisión de Galicia.

Entre os asistentes representantes do mundo musical, María do Ceo, a Fadista, acompañada de José Salgado, Antonio Barros e o responsable do Recuncho da Música, sección da revista Armando Lastra entre outros.

O mundo do deporte estivo presente grazas aos directivos da Unión Deportiva Ourense, Carlos e Xavi, que representan ao club que aposta pola lingua galega, poñendo en valor tamén a cultura ourensán.

En resume, nas palabras do seu director Avelino Jácome “A festa da Cultura, máis dun cento de amigos celebrando a nosa Lingua, o noso patrimonio e a nosa arte, unha milagre feita por escritores, pintores, ilustradores , fotógrafos, músicos, xentes de dentro e da diáspora cultural galega, xente do redor espallada por todo o mundo”. O acto concluíu con tódolos participantes cantando postos en pé, coma se fora un himno: A rianxeira, símbolo de unión de todos os galegos.