A UE está a tentar eludir cumprir a sentenza do TXUE en relación aos acordos comerciais con Marrocos

En 2015 e 2018 o TXUE anulou os acordos de libre comercio e de pesca UE - Marrocos por comercializar con recursos que son do pobo saharauí

Lembra tamén que a sentenza do TSXUE establece que o pobo saharauí debe ser consultado sobre calquera tipo de acordo aplicado aos seus recursos naturais mais, até o momento, “o pobo Sáhara Occidental non deu consentimento algún para este acordo, que debe ser expresado ademais a través da súa representante lexítima, a Fronte Polisaria, en aplicación de la Resolución 34/37 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas”.

Poñendo sobre a mesa unha vez máis o fondo significado político que transcende á anulación dos acordos comerciais UE-Marrocos e á resposta que se está a elaborar por parte da UE e Marrocos, a galega asina tamén unha emenda na que critica que o Consello teña posto como condición para a validez dun novo acordo o feito de que beneficie á poboación local, xa que baixo esta pretendida boa intención agóchase unha posición que busca favorecer á monarquía alauí. “A meirande parte da poboación que vive a día de hoxe no territorio son colonos marroquís, a poboación saharauí está minoría. Dende a invasión militar marroquí de 1975 o Reino de Marrocos desprazou centos de milleiros de colonos marroquís ao territorio do Sáhara Occidental co obxectivo deliberado de cambiar a composición demográfica da poboación no territorio. De feito, cabe lembrar que as leis internacionais consideran un crime esta estratexia”.

A este informe que está a elaborar a Comisión de Comercio Internacional do Parlamento Europeo serán achegadas tamén os informes de opinión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural (AGRI) e da Comisión de Pesca (PECH).

Lídia Senra, coordenadora do GUE/NGL en AGRI e membro suplente de PECH é a deputada responsable por parte do GUE/NGL do seguimento de ámbolos dous informes de opinión, así como dun informe específico no que a Comisión de Agricultura é a competente para o fondo.

A opinión emitida pola Comisión de Agricultura en relación ao informe da Comisión de Comercio Internacional, e á que a deputada galega presentou 11 emendas, será votada hoxe luns 12 a última hora da tarde, nunha sesión extraordinaria convocada durante o pleno do Parlamento Europeo que está a ter lugar durante esta semana en Estrasburgo.